Ponteareas destinará 2 millóns dos fondos EDUSI á recuperación do Tea e mellora do medio ambiente

O alcalde Ponteareas, Xosé Represas, xunto á primeira tenente de Alcalde, María Jesús Garrote e ao concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Troncoso, conxuntamente cos técnicos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Integrado –EDUSI- “Ponteareas Habitat Saudábel”, mantiveron unha reunión de traballo cos portavoces de todos os grupos da Corporación na que abordaron as distintas liñas de actuación e a previsión de destino da axuda de fondos europeos logrados polo Concello de Ponteareas que suporá un investimento de 6.250.000 euros nos vindeiros anos.

Estes fondos irán destinados a diferentes liñas coa finalidade de mellora da calidade de vida; protexer e conservar o medio ambiente, mellorar o acceso e utilización das TICS, favorecer unha economía baixa en carbono e promover a inclusión social e a loita contra a pobreza. Para acadar estes obxectivos poranse en marcha no novo ano as seguintes liñas de actuación:

RECUPERACION DO TEA E ACTUACIÓNS DE MELLORA DO MEDIO AMBIENTE

O plan financiado con fondos europeos prevé destinar 1.925.000 euros para actuacións como:
– Recuperación do entorno do río Tea no seu tramo máis próximo ao núcleo urbano
– Mellorar o entorno urbano e os espazos públicos
– Creación de equipamentos culturais e promoción da paisaxe

FAVORECER UNHA ECONOMÍA BAIXA EN ENMISIÓN DE CARBONO

Para estas actuacións o plan contempla 1.575.000 euros que irán destinadas, entre outras ás seguintes accións:
– Mellora da eficiencia enerxética de edificios e alumeado público con actuacións en edificios municipais.
– Posta en marcha dun plan de aproveitamento da biomasa.
– Fomento da movilidade saudable con proxectos de actuacións no núcleo urbano e o seu entorno.

MELLORA NO ACCESO, USO E CALIDADE DAS TICS

O programa destina 850.000 euros para accións de modernización da administración municipal a través da administración electrónica e outras accións como:

– Mellora dos servizos de administración electrónica
– Planificación estratéxica e urbana de Ponteareas
– Sistemas de acceso a internet dende todas as parroquias
– Fomento do desenvolvemento rural mediante o uso das novas tecnoloxías

POMOCIÒN DA INCLUSIÓN SOCIAL E LOITA CONTRA A POBREZA

Destinanse 1.900.000 euros a este obxectivo para por en marcha accións como:
– Apoio a programas de vivenda social
– Creación dun viveiro de empresas para fomentar a actividade empresarial e o autoemprego
– Iniciativas de apoio ao comercio local
– Actuacións de rexeneración urbana e rehabilitación en zonas desfavorecidas
– Plan de apoio para a igualdade

Para a concreción destas actuacións poránse en marche mecanismos de participación social e veciñal, ademáis do conxunto da Corporación Municipal,

Category:Novas